Noticias » Ouro Verde convoca unha bolsa de 4 meses para un técnico de turismo


Ouro Verde convoca unha bolsa de 4 meses para un técnico de turismo
08/23/2012
A asociación de turismo OURO VERDE convoca unha bolsa para realizar as tarefas de técnico de turismo da asociación e atender a oficina municipal de turismo de Lalín, logo de acadar a perceptiva subvención do OAL. Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra. A cuantía total da bolsa é de 4.338,04 €, dos cales Turismo Rías Baixas subvencionará o 50%.
Os aspirantes deben de estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo ou do de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2003 ou con posterioridade a esta data. A bolsa terá unha duración máxima de 4 meses, cun total de 560 horas. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes (incluíndo a documentación requerida nas bases) no domicilio social da asociación, situado na rúa Alcalde Ferreiro, 12 – LALIN, en horario de 10:00 a 14:00 h. e durante o prazo de sete días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do presente anuncio. As bases da convocatoria encóntranse a disposición dos interesados no domicilio social de OURO VERDE.

Volver «
Encuéntranos en: Twitter Facebook YouTube Flickr