Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la politica de cookies, aqui Si continuas navegando estas aceptandola
Politica de cookies +
Noticias » Casa Vixide recibirán a distinción Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística


Casa Vixide recibirán a distinción Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística
03/21/2019
O vindeiro sábado, o auditorio municipal de Agolada acollerá o acto de entrega das distincións Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística a un total de 41 empresas ou entidades públicas e privadas da comarca do Deza. Un total de 17 aloxamentos recibirán a distinción Sicted, entre os que se atopan dous establecementos integrados en […]
 
O vindeiro sábado, o auditorio municipal de Agolada acollerá o acto de entrega das distincións Sicted 2019 ao compromiso da calidade turística a un total de 41 empresas ou entidades públicas e privadas da comarca do Deza.
 
Un total de 17 aloxamentos recibirán a distinción Sicted, entre os que se atopan dous establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer.
 
Casa Vixide é unha casa de aldea do século XVIII totalmente restaurada e situada no val de Soutullo, preto do río Deza, en Lalín.
 
No acto de entrega de distincións estarán presentes o alcalde de Agolada, Ramiro Varela; o director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez Dubois e López, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez
 
O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos – Sicted
O Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas/servizos turísticos co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.
Fuente: Galicia Calidade Lecer

Volver «
Encuéntranos en: Twitter Facebook YouTube Flickr